Saltar ao contido

Neuroloxía

A Neuroloxía é a especialidade médica que ten competencia no estudo do sistema nervioso, e das enfermidades do cerebro, medula espiñal, nervios periféricos e músculos.

A neuroloxía foi considerada por algúns como a especialidade clínica por excelencia. É un dos campos da medicina que máis se desenvolveu nos últimos anos. É unha especialidade médica moi dinámica que está en constante expansión debido aos constantes avances no campo das neurociencias. Progresouse considerablemente no coñecemento da función cerebral e das enfermidades do sistema nervioso. Estes avances están a permitir novas alternativas terapéuticas e o tratamento dunha gran cantidade de enfermidades neurolóxicas.

En Fisioterapia Sar utilizamos a neuroloxía para a recuperación e mellora en:

    • Ictus
    • Parkinson
    • Hemiplexias
    • Paraplexias
    • Esclerose

Reserva a túa cita

Se estás interesado en programar un connosco ou coñecer máis sobre os servizos, non dubides en contactar connosco.

gl_ESGalego