Saltar ao contido

Reumatoloxía

A Reumatoloxía é a especialidade médica que se encarga de previr, diagnosticar e tratar as enfermidades musculoesqueléticas e autoinmunes sistémicas. É unha das especialidades que máis avances experimentou nos últimos anos no diagnóstico e tratamento.

Existen máis de 200 enfermidades reumáticas e poden afectar a calquera franxa de idade, desde nenos ata anciáns. En conxunto, estas patoloxías afectan a un de cada catro adultos en España. Son a segunda causa de consulta, tras as infeccións respiratorias agudas, en Atención Primaria e a primeira causa de discapacidade na nosa contorna. Ademais, as enfermidades do aparello locomotor son as que máis deterioran a calidade de vida das persoas, por riba das enfermidades pulmonares e cardíacas.

As enfermidades musculoesqueléticas afectan ós ósos, músculos e articulacións, así como ós tecidos que os rodean, podendo provocar dor, inflamación, rixidez, limitación do movemento e deformidades. Por outra banda, as enfermidades autoinmunes sistémicas, como o lupus, a síndrome de Sjögren, a esclerodermia ou a dermatomiosote, poden afectar a calquera órgano do organismo, como os riles, os pulmóns, a pel, o corazón ou o cerebro.

Estas enfermidades adoitan ser crónicas, polo que requiren un seguimento por parte dun reumatólogo ao longo da vida.

En Fisioterapia Sar utilizamos a reumatoloxía para a recuperación e mellora en:

    • Osteoartrite
    • Artrite
    • Fibromialxia

Reserva a túa cita

Se estás interesado en programar un connosco ou coñecer máis sobre os servizos, non dubides en contactar connosco.

gl_ESGalego